X Campionato de Galicia Escolar Individual de Kung-Fu

Este sábado día 12 de marzo celébrase no Polideportivo Municipal de Barbadás, situado na Valenzá, ás 17 horas, o Campionato Galego Escolar Individual de Kung-Fu, no que participan ó redor de 200 nenos/as de todas as provincias de Galicia, con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, nas categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil.

Os participantes teñen que realizar dúas probas: a primeira una combinación libre ou tao, por individual e a segunda un combate continuo en parella.

Ourense estará representada polos seguintes clubes:

Club de Kung-Fu Barbadás.

Colexio Guillelme Brown.

Kung-Fu Fitness Forma.

Os participantes do clube do noso Concello neste campionato son:

Hugo Rodríguez, Brayan Rodríguez, Carla Pereira, Kenia Pérez, Ana Rosa Pato, Duarte Augusto Dias e Marcos García, estos últimos son cinturóns negros, medalla de bronce do ano pasado.

 

cartel kung-fu