Ábrese o prazo de Inscrición das Escolas Deportivas do Concello de Barbadás para a tempada 2017-2018

Ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas do Concello de Barbadás para a tempada 2017-2018 (Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Kung-Fu, Tenis, Ximnasia Rítmica e Ximnasia de Trampolín), o prazo de inscrición vai do 18 de Maio ata o  9 de Xuño.

A idade mínima para acceder ás distintas escolas é a seguinte:

Fútbol nados/as no 2011 e anteriores.
Baloncesto nados/as no 2011 e anteriores.
Balonmán nados/as no 2011 e anteriores.
Ximnasia Rítmica nados/as no 2012 e anteriores.
Ximnasia de Trampolín nados/as no 2012 e anteriores.
Kung-Fu nados/as no 2012 e anteriores.
Tenis nados/as no 2012 e anteriores.

A documentación a presentar será a folla de inscrición correctamente cumprimentada, fotocopia do DNI e unha foto tamaño carné.

A documentación entregarase nas oficinas do Polideportivo Municipal de Barbadás de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

A adxudicación de prazas realizarase de forma directa no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles, e por sorteo público, no suposto de que o número de solicitantes supere o número de prazas dispoñibles.

No caso de realizarse o sorteo público, éste será o dia 13 de Xuño ás 12:00 no Polideportivo Municipal de Barbadás

Para calquera dúbida ou consulta poden dirixirse ás oficinas do Polideportivo Municipal en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00, no teléfono 988263519 ou por correo electrónico na seguinte dirección edbarbadas@gmail.com

Descargar as fichas de inscrición.