O Pabellón CF consigue gañar o torneo benxamín e o torneo alevín.
Este pasado fin de semana celebramos no campo de fútbol de Os Carrís o VI Torneo Benxamín Concello de Barbadás e o IV Torneo Alevín Concello de Barbadás. O sábado tocoulle o turno os benxamíns donde o Pabellón CF quedou campión ganándolle por 3-1 a UD Ourense que conseguiu o subcampionato , no 3º posto acabou a CD Purísima que venceu por 3-1 a ED Ourense que acabou no 4º lugar. Na fase de consolación a ED Xinzo gañou a final por 4-1 o AD Bosco e no 3º e 4º posto da fase de consolación a ED Barbadás B gañou por 6-0 a ED Barbadás C.
O domingo foi o turno dos alevíns donde o Pabellón CF de novo volveu conseguir o campionato como o día anterior , desta vez gañando por 5-0 a ED Xinzo que quedou de 2º facendo un gran campeonato , o CD Rúa acadou o 3º posto tras ganarlle por 5-3 a UD Ourense que acabou 4º. Na fase de consolación a ED Barbadás gañou por 1-0 o Polígono CF que quedou 2º e o Arrabaldo gañou o noso alevín C quedando en 3º lugar nesta fase de consolación.
Gracias a todos os participantes por a súa entrega e sacrificio , repetiremos o ano que ven.